As Pontes, 5 de xullo| As Xuventudes Musicais da Coruña, en colaboración co Conservatorio Municipal de As Pontes, organizan o festival de música clásica Son de As Pontes, unha proposta artística e pedagóxica con concertos e cursos protagonizados por algúns  dos mellores novos intérpretes do ámbito nacional.

Desde o 9 ó 14 de xullo, decenas de artistas invitados e alumnos que participan no ciclo de novas promesas, achegarán ós ponteses a música de cámara de máis alto nivel. Concertos de vento e guitarra, cuartetos con piano, pezas de Mozart ou de Bach son algunhas das propostas deste festival das que poderemos gozar na Casa Dopeso e ó aire libre, na praza de Igrexia de Santa María.

Calendario de concertos: VER HORARIOS