Son galego, son cubano

58

As Pontes, 4 de xullo| As Pontes acollerá, o 14 e xullo, o espectáculo musical Son galego, son cubano. Un proxecto que o músico galego, Roi Casal, compuxo en colaboración co escritor Neira Vilas e no que se misturan as letras do poeta con actuacións de músicos de Galicia e Cuba.

Este espectáculo púxose en escena por primeira vez no ano 2016, no Gran Teatro de La Habana, e, desde entón, xa foi visto por máis de 100.000 espectadores. Trátase dunha fermosa homenaxe á Neira Vilas e Á emigración galega en Cuba.

Esta actuación forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña 2018. Máis info en: https://www.dacoruna.gal/portada/

  • Data: 14 de xullo
  • Hora: 22:30 horas
  • Lugar: Praza de América
  • Entrada de balde