Seminario, Encontra e consegue información estratéxica para o teu negocio

34

As Pontes, 31 de maio| O martes, 6 de xuño de 2017, celebrarase na Aula CeMIT ás 18:00h un seminario gratuito impartido polo CTIC. O seminario leva por nome “Encontra e consegue automaticamente información estratéxica para o teu negocio”.

Contidos

  • Qué é a vixilancia estratéxica, e cómo se pode empezar a aplicar?
  • Como crear o primeiro plan de vixilancia de forma sinxela.
  • Como realizar buscas eficientes en Google.
  • Automatizat a obtención de información de interés.
    • Alertas de Google /Talkwalker Alerts
    • RSS (Inoreader como xestor de contidos RSS)
  • Optimizar o proceso de análise e recollida de información.
    • Alternativas para obter canles RSS de distintas fontes de información (boletíns electrónicos, redes sociais, alertas…).
    • Opcións avanzadas de xestión en Inoreader.
  • Simplificando a distribución de información: Integración de Inoreader con outros servizos (Evernote, IFTT…)