As Pontes, 13 de xullo| Esta semana quedaban expostas as lonas que recollen unha nova edición da combinación de poesía e fotografía que cada ano ornamentan o valado do colexio Santa María, cadrando coas festas.

As dúas artes, a dos fotógrafos e a dos poetas locais, danse a man nunha experiencia que cada mes de xullo nos trae imaxes da nosa localidade dende os obxectivo das cámaras dos nosos veciños combinadas cos versos dos veciños e veciñas que compoñen o grupo poético Alalá.

Desta vez podemos ver máis de vinte imaxes en gran formato nas que se recollen diferentes instantáneas feitas cada unha por un dos fotógrafos afeccionados que temos na nosa localidade e en cada unha inclúense tamén os poemas dos integrantes de Alalá que, na medida do posible, axeitaron eses poemas ás imaxes plasmadas.

A mostra, promovida dende o Departamento de Cultura, quedará exposta no valado que rodea ó Colexio Santa María ata o 26 de xullo