[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| As Pontes é terra de música e de bos músicos e, por este motivo, non podíamos esquecer a celebración, un ano máis, de Santa Icía, a patroa deste colectivo que se conmemora cada 22 de novembro.

De feito, dende este mesmo sábado veciños e veciñas poderemos desfrutar dun intenso programa de actividades musicais nas que todas as agrupacións da nosa vila e institucións coma o Conservatorio de Música Profesional e o propio Concello aunan esforzos para dar lugar a un programa de concertos nos que non faltan os máis variopintos estilos, as composicións máis clásicas e, por suposto a música da nosa terra.

Novamente, a agrupación de colectivos musicais Ruada encabeza a organización destes festexos que, por suposto se van personificar nunha figura de gran relevancia musical na nosa vila: neste caso no grupo Pinabetos aos que se renderá homenaxe no festival central de Santa Icía que se celebrará o día 21.

Xa este sábado temos as primeiras actividades cun concerto, ás 7 da tarde no auditorio municipal Alovi, da coral Polifónica Eco, e o domingo, dende as 6 e tamén no Alovi poderemos desfrutar do recital da Banda Xuvenil de Música e a Banda Cultural e Recreativa de As Pontes, que dirixen os mestres Daniel Novo e José Lodeiro, respectivamente.

O luns será o turno do cuarteto de corda Contrasts que estará no auditorio da Casa Dopeso dende as 7.30 da tarde, e o martes ese mesmo escenario estará ocupado polos alumnos do Conservatorio que tamén protagonizarán un recital aberto a todos os veciños e veciñas dende as 7 da tarde.

Xa o mércores día 18, dende as 19:30, poderemos desfrutar dos mestres de piano José Manuel Campello e Ernesto Gancedo no seu concerto para dous pianos e que se celebrará no propio Conservatorio de Música. E daqueles xa expertos aos que están a aprender porque o xoves, dende as 19:30h, na Casa Dopeso, celebrarase un novo concerto, nesta ocasión a cargo dos alumnos da Escola de Música da Banda Cultural e Recreativa de As Pontes.

O venres será o turno dos sons xa máis tradicionais co grupo Os Suplentes que actuará ás 16:30h na asociación A Xanela e ás 17:30h no Centro de Día.

Pero aquí non queda a xornada do venres xa que ás 8 do serán a agrupación coral Endesa As Pontes e a Rondalla Vila de As Pontes tamén celebrarán o seu tradicional concerto de Santa Icía, neste caso no escenario da Casa Dopeso.

O sábado 21 celebrarase o día grande de Santa Icía 2015, cun festival homenaxe que, como é habitual, terá lugar no auditorio municipal Alovi dende as 19:30h da tarde. Os encargados de poñer a música da xornada serán a banda de Gaitas municipal, a banda de gaitas Alfaia e o grupo No Cómbaro. Asemade, tamén se renderá homenaxe aos Pinabetos e por suposto contarase coa presenza das autoridades locais para presidir este acto de recoñecemento público.

Posteriormente, tocará desprazarse ata o local social das Campeiras onde terá lugar a cea de Santa Icía para a que era necesario anotarse previamente e que arrincará ás 10 da noite.

E o domingo, Ribadeume, berce da música pontesa, volverá ser a parroquia protagonista cunha misa ás 12 do mediodía, a tradicional ofrenda floral aos músicos e as actuacións das formacións Canavella e do grupo de baile infantil de Alende.

Non podía faltar o broche de ouro a Santa Icía 2015 da man dunha nova edición das foliadas gaiteiras do Lar. Nesta ocasión, o día 27 dende as 11 da noite, poderemos desfrutar da música da charanga Vai de Baranda de Neda, a agrupación Alxibeira de Narón e os ponteses Trevillas.

En resumo unha axenda na que hai música para todos os estilos e gustos e que permitirá que un ano máis, ponteses e pontesas nos unamos a esta festa da música.

[/fusion_text][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]