Saída micolóxica

124

As Pontes, 19 de outubro de 2018. O Concello de As Pontes, a través da Concellería de Cultura, en colaboración co Club de Montaña O Caxado, organiza, o próximo venres, 26 de outubro, unha saída micolóxica co obxectivo de amosar ós participantes distintos hábitats e os fungos que viven neles.

A saída comezará ás 08:30 horas, terá unha duración aproximada de 4-5 horas, e rematará sobre ás 14:00 horas. Estará dirixida polo micólogo Jose Luís Cuba. O fungos recollidos, clasificaranse, ás 17:30 horas, no Mercado de Abastos.

O interesados en participar poden inscribirse, desde o luns, 22 de outubro, ata o xoves, 25 de outubro no Departamento de Cultura ( Casa Dopeso. R/ Rosalía de Castro, Nº 28 – 1º).