As Pontes, 20 de Setembro de 2017.- 

A Concellería de Turismo, Hostalaría e Comercio volve poñerse á fronte dun certame que arrincará o 13 de outubro e no que se repartirán 1.800 euros en premios.

O certame gastronómico Saborea As Pontes celebrará, o vindeiro mes de outubro, o seu noveno aniversario e novamente con moi bos datos de participación xa que 26establecementos hostaleiros de As Pontes se sumarán a este concurso culinario, no que se someten a exame de público e xurado a orixinalidade dos participantes entre os fogóns.

A concellería de Turismo, Hostalería, Comercio e Emprego, a través do Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), e coa colaboura coa Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de As Pontes (Cohempo) vólvese poñer á fronte deste certame culinario no que, entre o 13 e o 22 de outubro, veciños e visitantes poderán desfrutar de saborosos e orixinais pinchos, nos que os produtos de tempada e as recetas máis tradicionais se mesturarán con receitas máis vangardistas e creativas.

Cogomelos, carnes en diferentes estilos ou peixe serán algúns dos ingredientes polo suqe apostarán os establecementos participantes e que, tras oito anos de celebración, é xa un clásico do outono pontés. De feito, edición tras edición, Saborea As Pontes logra incrementar a cifra de petiscos servidos, ao tempo que tamén aumentan a cifra de veciños e visitantes que non dubidan en achegarse aoslocais hostaleiros ponteses para degustar os seus pinchos.

A concelleira do ramo, Ana Pena, deu conta da gran relevancia de citas coma o Saborea As Pontes para o sector hostaleiro pontés, un sector que calificou coma un dos piares da socioeconomía.

A xuízo da edil é necesario continuar con esta liña de promoción da hostalería local, da man de certames coma o Saborea As Pontes, que permiten dar a coñecer os negocios hostaleiros do municipio e o seu bo facer nos fogóns. E é que, tal e como apuntou Ana Pena, trátase dun sector que mantén centos de empregos no municipio.

Por outra banda, a edil resaltaba dos bos resultados de participación deste 2017 e que se manteñen na liña de edicións anterioes e animou a veciños e visitantes a participar, o vindeiro mes de outubro, nunha das citas gastronómicas máis clásicas e consolidades do outono en toda a provincia.

Bases Saborea As Pontes

Saborea As Pontes desenvolverase entre os días 13 e 22 de outubro con tapas que terán un prezo de euro e medio. Estes petiscos serviranse de luns a venres entre as 19.30 e as 23.00 horas, e xa durante a fin de semana de 12.00 a 15.00 e de 19.30 a 23.00 horas.

Como é habitual un xurado valorará cada proposta culinaria para decidir a que será a Mellor Tapa Pontesa 2017, neste caso as valoracións virán da man de tres profesionais da gastronomía, todos eles mestres na escola de Hostalaría de Pontedeume (Rubén Castro, Samuel Pérez e Antonio Vargas), namentras que o público outorgará cos seus votos a que será a Tapa Pontesa Máis Valorada polo Público, resultados que se darán a coñecer o 26 de outubro, ás 18.00 horas, no Mercado Municipal.

Un ano máis tamén haberá agasallos para o público, en forma de cheques agasallo por un total de 1.800 euros. Así, entre aqueles que cubrisen o boleto con oito selos doutros tantos locais participantes, sortearanse seis cheques de 200 euros a gastar nos establecementos hostaleiros participantes neste Saborea As Pontes 2017 e outros tres cheques tamén de 200 euros a gastar no comercio e hostalería da localidade.

Ademáis da inclusión dun xurado profesional, Saborea As Pontes 2017 contará con outra novidade: a inclusión do certame na aplicación móbil Quedamos de Tapas que permitirá a veciños e visitantes ver todos os petiscos que participen no concurso, coñecer a localización do establecemento no que se sirven, os seus ingredientes e tamén se son aptous ou non para aquelas persoas con algún tipo de alerxia alimentaria.

Asemade, tamén se editará o folleto informativo en papel que, en vindeiras semanas, xa estará a dispor de veciños e veciñas nos locais hostaleiros participantes.