[one_full last=”yes” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_position=”all” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][fusion_text]A Rúa Camelias quedaba reaberta ó tráfico esta tarde logo de que rematasen os traballos de rehabilitación integral.
Estes traballos de mellora vial, funcional e estética, enmárcanse nun proxecto de revalorización dunha zona residencial en crecemento na que a poboación segue a medrar e con elo a demanda de servizos.
Coas obras acometidas nesta vía apóstase por facer dela un lugar máis acolledor cun novo firme adoquinado no que a circulación pasa a un segundo plano diante da preeminencia dos peóns.
Renovouse, ademais do firme, o saneamento e a iluminación, que se suma á dotación do mobiliario urbán.
A rúa, de dirección única, gañou en espazo e seguridade en aparcamento, co novo deseño.
Tamén neste caso, dende o goberno local, consensuábanse estas actuacións cos veciños contemplando as súas aportacións. Este mesmo proceso rexerá as actuacións que se van acometer nunha zona na que se quere aproveitar a súa privilexiada situación para adaptala ó entorno, fóra do casco urbán.[/fusion_text][/one_full]