RTVEume| Volve a rolda de contactos da concelleira de Atención Cidadá e tenente de alcalde, Montserrat García, con todas as asociacións veciñais do municipio.

Pasado mañá, xoves,  acudirá á súa cita dos xoves, con parada en A Choupana. Logo de que, unha vez reanudados estes contactos, alternase as agrupacións do rural coas do casco urbán, toca acudir a esta asociación que é unha das veterás, non en van cumpre este ano 26 xa dende que se constituira no barrio.

A partir das 11:30h, no local social, atoparase cos veciños que desexen participar xunto cos membros da xunta directiva para explicarlles aquelas informacións que podan ser do seu interese canto á actividade municipal.

Ó mesmo tempo o encontro servirá para escoitar as propostas que se fagan dende a Asociación, concretas para esta zona.

As seguintes visitas serían xa ás asociacións 25 de Xullo e Lembranza da Vila.