]RTVEumeO alcalde de As Pontes, Valentín González, acompañado do Presidente do Comité de Empresa de Endesa de As Pontes, Luis Varela, mantiña unha reunión esta mañá co Director Territorial de ENDESA no Noroeste, para analizar o posible impacto do mecanismo de apoio ás inversions medioambientais para adaptarse á Directiva de Emisións Industriais, que propón o Ministerio de Industria para as centrais de carbón estatal, nun borrador de Orde Ministerial.

O representante da empresa, trasladou a ámbolos dous representantes, unha mensaxe de tranquilidade, dado que o mecanismo de apoio, non interfere na decisión adoptada pola compañía de acometer as inversións de adaptacións da central térmica de As Pontes, anunciadas no seu momento xa no propio Plan de Negocio, polo Conselleiro Delegado de Endesa.

Tanto Comité como Concello, sinalan que é moi importante a mensaxe transcendida desta reunión da cara a garantir un futuro a longo prazo para este complexo eléctrico, nun escenario de aumento de competitividade da térmica de As Pontes, no que ó seu favor conta coa sua eficiencia e disponibilidade favorecida ademais pola  reducción do precio do carbón importado nos mercados internacionais.

Actualmente o departamento de enxeñería de ENDESA está a acometer os traballos de redacción dos proxectos das citadas obras de adaptación á nova normativa europea.

O alcalde, o Presidente do Comité, manifestaban tamén a súa postura favorable respecto da posibilidade da exención fiscal no céntimo verde ao carbón. “Estamos de acordo, dado o impacto tan negativo que teñen na competitividade respecto de outras tecnoloxías que xa están exentas por un lado deste tributo e primadas directamente polo outro. Coidamos que se debe ter en conta a xeración de emprego intensiva que supón a tecnoloxía do carbón en centrais como é a de As Pontes”.