[one_full last=”yes” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_position=”all” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][fusion_text]RTVEume.- A nosa localidade volvía ser fiel á cita anual co grelo, e 36 anos despois a feira gastronómica pontesa por excelencia puido mesmo coa climatoloxía e reuníu a milleiros de persoas en torno a un programa dibuxado polo Concello.

O protagonista foi a hortaliza máis típica destas datas de entroido que se degusta en toda mesa que se precie, un grelo que foi premiado nos seu mellores exemplares.

Logo da exposición, moi concurrida toda a mañá, a entrega servía para facer públicos os galardóns que acreditaron ós mellores produtores, avaliando a calidade e a decoración das súas cestas.

Por segundo ano entregábase o Premio Alexandre Pérez Sindín, lembrando a un dos promotores desta cita precursora entre as feiras gastronómicas.

A gañadora, ademais, foi unha debutante, Patricia Pena, que era a primeira vez que se presentaba a este certame e foise moi satifeita coa experiencia e co premio.

Ademais deste galardón, doado este ano polos artesáns ponteses, entregáronse tamén os premios á calidade, que abrangueron diferentes zonas do municipio e de concellos limítrofes canto á procedencia.

Os accésits foron para Carmen Carballeira, Mari Luz Vázquez, e Andrea Mª Carballo, de Xermade e As Pontes.

Josefa Filgueiras, de Aparral, fíxose co terceiro premio, e dende Espiñaredo chegaban os grelos que se fixeron co segundo premio, de Josefa Basoa. O primeiro premio foi para Luis Vázquez, chegado dende Vilalba.

Canto ós premios á cesta mellor adornada, só se entregaron dous, ó quedar deserto o terceiro. Segunda quedaba a vilalbesa Mª José Castro, e primeira Luz Divina Alonso, de As Pontes.

Co remate da entrega destes premios comezaba unha degustación que apostou polo cocido máis tradicional, con xenerosas racións que tiveron unha moi boa acollida, se ben é certo que foron non poucos os que optaron por levaren o menú para a casa.

O catering deste ano tamén debutaba, e tamén as valoracións eran moi positivas polo seu responsable.

Houbo tempo de comer e de disfrutar de múltiples actividades, e ata o alcalde de As pontes, Valentín González Formoso, estivo tamén visitando e disfrutando da feira, ademais de exercer o seu labor institucional. Deste xeito na súa valoración salientaba a boa saúde dunha feira que foi pioneira e hoxe é exemplo.

O éxito das novidades introducidas animou á organización a continuar nesta liña para vindeiras edicións, sempre co grelo e a mostra desta hortaliza como protagonista, e inspiración para o resto da oferta.[/fusion_text][/one_full]