O concello de As Pontes vai iniciar,o vindeiro luns día 3 de agosto, os traballos de remodelación da Praza do Hospital. Produciuse un atraso de días debido a que a reformulación da Praza do Hospital dependía da Deputación. Esta reformulación farase o próximo luns día 3 e a partir de aí darán comezo as obras.

A inversión será de 298.776 euros, procedentes da anualidade de 2014 do plan de obras e servizos da deputación da Coruña, o que supón un aforro de case 100.000 euros con respecto á licitación inicial e que ascendía a 395.508 euros.

A encargada dos traballos será a empresa pontesa Arquitectura, Rehabilitación, Madeira e Construcción, Areco, que segundo os pregos do contrato terá catro meses para darlle unha nova faciana a unha das prazas máis emblemáticas do noso municipio.

No tocante aos traballos a realizar, vaise proceder á demolición e levantamento do pavimento das beirarrúas; renovarase o sistema de alumeado público e o de drenaxe cunha nova línea de sumidoiros. Tamén se instalará un mobiliario urbano máis moderno e unha nova sinalización viaria.

Con respecto aos traballos que afectarán directamente á praza do Hospital, éstes consistirán nun rebaixe da praza para que quede ao mesmo nivel que a calzada e mantendo o criterio de deseño das rúas colindantes, con beirarrúas de baldosa prefabricada de formigón granallado.

Tal e como se recollía na edición de onte do boletín oficial da provincia, o contrato destes traballos está xa formalizado pero, para evitar molestias durante a celebración das festas patronais, as obras se iniciarán ata que rematen os festexos en honra á nosa patroa.

Publicado no BOP a formalización do contrato para a remodelación da Praza do Hospital. Descargar BOP