Relendo a vida

46
As Pontes, 13 de outubro| O obradoiro RELENDO A VIDA  retoma a súa andadura. Esta actividade organizada desde as Concellerías de Cultura e Benestar Social ten coma obxectivos:
  • Crear un espazo de reunión para o intercambio de ideas e experiencias.

  • Achegar ao mundo la lectura e escritura.

  • Dar a coñecer a biblioteca.

  • Coñecer de primeira man experiencias dos autores e autoras.

  • Crear rede social de apoio a través da lectura.

A periodiciade das reunións será quincenal, os mércores en horario de 10:30 a 11:30 horas na Biblioteca Municipal. Tódalas persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar información na Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco, no Centro de Información á Muller, na Casa Dopeso.