[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Coma cada outono, o grupo poético Alalá nos vai ofrecer unha nova edición do seu recital poético adicado a esta estación; unha convocatoria que terá lugar este mesmo venres, no salón de actos da Casa Dopeso, e que da continuidade ao breve recital de poesía que xa a pasada fin de semana desfrutamos na biblioteca Enrique Rivera Rouco con motivo da celebración do Día das Bibliotecas.

Nesta ocasión, Gloria David, Aníbal Anxel, Santi del Moral, Ofelia López, Mari Carmen Freire e Montse Pardo ofrecerán unha nova mostra da súa creatividade poética nun recital que contará con algún convidado especial, como é xa tradición, e que coñeceremos nos vindeiros días.

Este recital de outono, que conta co respaldo da concellería de Cultura, arrincará ás 8.30 do serán do venres e, como é habitual, a entrada será libre.[/fusion_text][/fullwidth]