As Pontes, 25 de maio| O Concello de As Pontes a través do Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), no propósito de promover o mercado municipal da nosa vila, incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores de compra local e a profesionalidade e bo facer dos nosos praceiros e praceiras, colabora coa Xunta de Galicia por terceiro ano consecutivo, nun evento de carácter internacional de promoción dos mercados locais e prazas de abastos baixo o lema “Quere o teu mercado”. Trátase de unir a nivel internacional aos mercados locais de diferentes formas e tamaños nun fin común: aumentar a súa visibilidade, a presenza de consumidores e o consumo no comercio de proximidade, ao tempo que se fortalecen os lazos de unión e a fidelización cos usuarios.

ACTIVIDADES DO MERCADO MUNICIPAL DE AS PONTES

Durante o sábado 27 de maio o mercado municipal de As Pontes contará cunha serie de actividades de promoción económica, enmarcado de dentro do programa Quere o Teu Mercado:

– Presentación da páxina web do mercado municipal de As Pontes

– Photocall “Quere o teu mercado”

– Amenizado polo grupo de música tradicional Os Feroces da Galgueira

– Distribución de merchandaising Quere o Teu Mercado.

E xa para o público infantil as actividades serán as seguintes:

– Zona de xogos infantil

– Curso de cociña infantil “MINICHEF” ás 10:00 h.

– Curso de cociña infantil “MINICHEF” ás 12:00 h.

– Visita guiada polo mercado a todos os nenos e nenas participantes.

Campaña internacional Quere o teu mercado

Pola súa proximidade e situación estratéxica nas nosas vilas e cidades, os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos onde se asentan e facilitan, ademais, a compra completa de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos.
Mercar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra, fomentando o consumo de produtos galegos e ofrecendo a variedade de carnes, lácteos, froitas, verduras, pescados, mariscos, hortalizas…que require unha dieta equilibrada e saudable.
Xuntan tradición e modernidade, adáptanse ás demandas dos seus clientes, ofertan os mellores prezos en produtos frescos de alimentación e incorporan cada día novos servizos complementarios e personalizados.

A campaña “Quere o teu mercado” é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, promovida en Galicia pola Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de As Pontes dentro do noso municipio,  co obxectivo de destacar o papel dos mercados e potenciar a compra do produto local ademáis de ensalzar a profesionalidade dos nosos praceiros e praceiras.

Quere o teu mercado (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.

MercadoWeb