As Pontes, 19 de setembro| Publicadas as bases que rexerán o VIII Concurso de Tapas Vila de As Pontes, Saborea As Pontes 2016. 

Bases do VIII Concurso de Tapas Vila de As Pontes

1.- Datas:

Do 14 ao 23 de outubro de 2016. O concurso dará comezo o día 14 a partir do horario establecido de tarde.

2.- Participantes:

Poderán participar todos os establecementos hostaleiros como bares, cafeterías, restaurantes, mesóns etc. do ámbito municipal de As Pontes.

3.- Inscrición:

– A inscrición será totalmente gratuita por parte dos establecementos hostaleiros que desexen participar.

– O prazo de inscrición estará aberto dende o día 12 de setembro ata o día 16 ambos os dous incluídos.

– A inscrición farase cubrindo axeitadamente a folla de incrición e presentándoa no IPPEC, (antigas dependencias da Policía Local no propio edificio do Concello), antes das 13:00 h do día 16 de setembro.

– O día 20 de setembro todos os inscritos deberán achegar a tapa ao segundo andar do mercado municipal de abastos de 4:00 h a 7:00 h. para facer unha exposición común e sacar as fotos correspondentes para a publicidade no manual e na aplicación.

– Todas as inscricións fóra de prazo, ou que non acheguen a tapa o día 20 quedarán fóra do concurso.

4.- Cada establecemento poderá presentarse só cunha tapa. A tapa custará ao cliente o prezo de 1,50 €

Ver as bases completas: VER BASES