Publicadas as bases para a Cabagata de Entroido 2018

345

As Pontes, 11 de xaneiro| O Concello das Pontes, a través da Concellería de cultura propón as bases para a participación na Cabalgata de Entroido 2018 que se celebrará o martes día 13 de febreiro.

Haberá unha categoría adultos (carrozas, grupos, parellas e individual) e outra infantil. Nesta última haberá grupos, parellas, individual e meniños (na categoría meniños poderanse cnscrcbcr os rapaces ata 8 anos); no resto das categorías a concurso de infantl a idade máxima será de 16 anos. Cada participante poderá inscribirse na categoría que desexe, tendo en conta a normativa que se especifica nestas bases.

O prazo de inscripción abrirase o día da publccaccón das bases na web municipal e rematará o luns 12 de febreiro de 2018 ás 12:00h.