As Pontes, 20 de novembro| O Concello de As Pontes está a acometer un ambicioso proxecto de renovación e mellora da sinalización vial no casco urbano, coa execución das actuacións precisas en materia de sinalización horizontal.

En moitos dos casos este novo pintado ven completar actuacións previas de pavimentación e renovación de servizos, e nos outros obedece á necesidade dun repintado da sinalización vial horizontal nas rúas da vila, por unha cuestión de mantemento.

Os traballos, que se están a facer con medio propios da brigada de obras municipal, inclúe tamén o repintado de varios pasos de peóns

A tenente de alcalde, Montserrat García, explicaba, que estes traballos son de mantemento e fundamentalmente. “ Non se trata de incorporar novos trazados nin cambios significativos, agás os motivados por cambios puntuais nalgunha rúa, e en todo caso, sempre debidos a modificación que se puideran ter dado no trazado da vía. Para isto, ademais dos informes técnicos, contamos sempre coa veciñanza da zona, para coñecer as súas aportacións. En calquera caso, esta actuación de remozado e mantemento ten sobre todo unha relevancia á hora da seguridade vial, que é o que finalmente perseguimos ó acometela”.

A mellora da sinalización horizontal de diversas vías do municipio completábase xa na Avda de As veigas, e a Rúa Rego do Muiño, así como na Presa de Alende, Cruz das Airas e Rúa Monfero.

Séguese traballando en Eduardo Pondal, no vila que vai á Cuiña e no carril bici.