As Pontes, 6 de abril| O pasado sábado 1 de abril deron comezo as novas xornadas de Conciliación Familiar que se levan a cabo a través do Concello de As Pontes. Desta volta teñen lugar no Espacio Infantil Picariños, na Rúa Juan Antonio Suances nº 14 (Baixo), e nelas realízanse diferentes talleres e actividades. Informamos de que, con motivo das festividades da Semana Santa, estas actividades de conciliación reanudaranse o vindeiro 22 de abril, cuns xogos no patio do colexio Santa María, sempre que o tempo o permita.