[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| A concellería de Deportes e Xuventude vai retomar, este mesmo sábado, o seu exitoso programada de conciliación da vida laboral e familiar do que xa se encargaron, o pasado ano, as monitoras do espazo infantil Picariños.

De feito, o vindeiro día 7, entre as 10:00h e a 1.30 da tarde, e coa casa Dopeso como escenario será posible participar das múltiples e entretidas actividades e xogos que, semanalmente, desenvolverán estas expertas no tempo libre dos máis pequenos.

Obradoiros de maxia, baile, manualidades ou educación vial integrarán a programación que, cada semana, se desenvolverá nas mañás dos sábado e que volve ser toda unha axuda para que, mentras que os pais e nais deben atender ás súas obrigas laborais ou domésticas, os máis novos desfruten do seu día de descanso.

Estes talleres infantís irán dirixidos a pequenos de entre 2 e 10 anos e serán, unha vez máis, totalmente gratuítos. O único requisito pasa por anotarse o mesmo día do programa na casa Dopeso no momento no que pequenos e pais cheguen a este edificio, polo que calquera neno ou nena que desexe sumarse a estas actividades poderá facelo ao longo de toda a mañá.[/fusion_text][/fullwidth]