[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

RTVEume| O programa Relendo a vida, posto en marcha dende as concellerías de Benestar Social e Cultura, a principios deste mesmo mes, volvía onte ás dependencias da biblioteca municipal Enrique Rivera Rouco.

A iniciativa, dirixida a maiores de 55 anos, e co que tamén colabora o Centro de Información á Muller , lograba reunir na súa segunda sesión a unha ducia de veciños aos que tamén se sumaron a concelleira Isabel Fornos, a directora do CIM, Maca Rego, a bibliotecaria Anabel Alonso e o técnico da Aula Cemit, Agustín Purriños.

Nesta segunda sesión o protagonismo foi para a música, para esas letras que non nos paramos a analisar cando as escoitamos e que, nesta ocasión, tiñan moito que ver coa conmemoración, a vindeira semana, do día internacional da loita contra a violencia contra a muller. De feito, os participantes escoitaron e analizaron os retrousos de temas coma Muller de Fuxan os ventos, Matriarcas de Guadi Galego, Cuando pase el tiempo de Marc Parrot ou Algo estrano acontece de Antonio Zambujo, e que tamén serán obxecto de debate na vindeira sesión de relendo a vida,  que terá lugar o primeiro de decembro.

Todos os participantes compartiron impresións e vivencias que tiñan como punto de partida estas historias musicadas mediante un programa que pretende servir como punto de reunión e intercambio de experiencias, ao tempo que se da a coñecer o importante fondo literario que podemos atopar nas dependencias da biblioteca municipal.

Asemade, nesta segunda sesión tamén se presentaba un novo proxecto que se pretende desenvolver ao abeiro da Aula Cemit. De feito o seu responsable Agustín Purriños deu conta da interese de crear unha páxina web na que se recollan fotos antigas, dos anos 40, 50 ou 60, cos nomes dos seus protagonistas e a historia de cada imaxe, coa fin de dar a coñecer a historia dos veciños de As Pontes e que ésta non se perda no tempo.

Purriños solicitou a colaboura dos integrantes deste taller literario para que aporten as súas fotos e historias, unha iniciativa na que tamén está previsto que se conte coa colaboura doutras entidades locais e coas que se contactará proximamente para dar a coñecer a que será esta web na que máis aló das nosas paisaxes, programas educativos ou obras se recollerá tamé a historia dos ponteses e pontesas.

[/fusion_text][/fullwidth]