As Pontes, 1 de marzo| Arrancamos  a programación de actividades para Conmemorar o Día Internacional da Muller, ao longo do mes de marzo. Os días 1 e 2 de marzo arranca o Programa Quen Dixo Medo da Deputación da Coruña. A través da actividade “Contacontos e obradoiro de manualidades para o alumnado de 6º de Educación Infantil” preténdense acadar unha serie de obxectivos que son os seguintes:

  • Establecer relacións equilibradas , solidarias e construtivas.
  • Ensinar ao alumnado a desenvolver condutas e habilidades que lles permitan vivir sen violencia.
  • Aprender a expresar emocións de maneira axeitada evitando os insultos, agresións e gritos.
Para elo a actividade xira entorno ao conto “QUÉROTE CASE SEMPRE” de Anna Llenas, que narra a historia entre Lolo e Rita, dúas personaxes que se respectan nas súas diferenzas e se adaptan a convivir en harmonía. Posterior ao traballo do contido do conto o alumnado fará un traballo relacionado co mesmo.
As actividades desenvolveranse nos CEIP A Fraga, A Magdalena e Santa María.