Programa de Turismo do IMSERSO para a tempada 2016/2017

26

As Pontes, 30 de maio| Aberto o prazo para formalizar as inscricións será dende o 30 de maio ao 17 de xuño de 2016 e ata o 1 de decembro para cubrir posibles vacantes.

Este programa está dirixido a persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionistas de xubilación do Sistema Público de Pensións.
  • Ser pensionistas de viudedade do Sistema Público de Pensións, cunha idade igual o superior a 55 anos.
  • Pensionistas de Incapacidade, outros pensionistas del Sistema Público de Pensións e prexubilados ou subsidios de desemprego, en todos estes casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser titular ou beneficiario do sistema da seguridade social, con 65 anos cumpridos.

Considérase beneficiario/a, en calidade de acompañante, ao cónxuxe ou parella de feito desta persoa, aínda que non é preciso que reúna os requisitos de idade e pensión.

Para máis información e/ou formalizar a inscrición, poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais en horario de 8:30 a 14:00 h.

En todo caso, os solicitantes deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

A participación no programa inclúe:

  • Viaxe de ida e volta no medio de transporte programado, dende a capital de provincia ao hotel de destino e regreso, excepto na modalidade de viaxes sen transporte.
  • Aloxamento en réxime de pensión completa, en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contemplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
  • Póliza de seguros colectiva.
  • Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio Hotel.
  • Programa de animación.

Nos turnos de Turismo de Natureza e Circuítos Culturais, dadas as súas especiais características, non se inclúe nin o servizo médico, nin o programa de animación.

Para mais información e/ou formalización da inscrición, poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais do Concello (2º andar da Casa Dr. Dopeso) en horario de 8:30 a 14:00 h.