[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

Convócanse un total de 607 prazas para participar no programa de Benestar en balnearios.

Os establecementos termais nos que se ofertan as prazas así como as datas nas que se van levar a cabo as quendas e o prezo por praza son os que figuran no anexo IV que se xunta.

Persoas beneficiarias e requisitos

1 Serán persoas beneficiarias as que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as que acudan en calidade de acompañantes.

d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.

e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

2 A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu ou da súa cónxuxe ou, se fose o caso, da parella de feito ou persoa con que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.

3 Tamén poderán participar, en calidade de acompañantes como xa se indica no punto 1 c), os fillos ou fillas das persoas solicitantes que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando o poidan facer sen necesidade de apoio de terceira persoa e se poidan desprazar con autonomía, compartan o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpran os requisitos citados no número 1 deste artigo, excepto o da letra a).

4 As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Servizos e prestacións que se inclúen

a) Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.

b) Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán:

– O recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a prescrición do tratamento.

– O tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario.

– O seguimento médico do tratamento.

c) Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro ou termal.

d) Póliza colectiva de seguro turístico.

Solicitudes

As solicitudes formularanse no modelo oficial que se indica nos anexos I, II e III desta orde e xuntarase da seguinte documentación:

a) Copia compulsada do documento nacional de identidade (DNI) ou ben do pasaporte ou do número de identificación de estranxeiro (NIE), segundo proceda, relativa á persoa solicitante, á que a acompaña en calidade de cónxuxe, parella de feito, ou relación análoga á conxugal e á filla ou fillo con discapacidade, se fose o caso, e unicamente cando non se autoriza a súa consulta.

b) Copia do certificado de empadroamento, emitido polo concello correspondente, que acredite a residencia nun municipio da Comunidade Autónoma no momento de presentar a solicitude, relativa á persoa solicitante, á que a acompaña en calidade de cónxuxe, parella de feito, ou relación análoga á conxugal e á filla ou fillo con discapacidade, se fose o caso, e unicamente cando non se autoriza a súa consulta.

c) Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas correspondente ao último período en que se presente a solicitude. No caso de estar exento da declaración do imposto da renda das persoas físicas, copia do certificado de toda clase de pensións percibidas pola persoa solicitante e acompañante ou declaración responsable de non percibilas, relativa á persoa solicitante, á que a acompaña en calidade de cónxuxe, parella de feito, ou relación análoga á conxugal e só no caso de que non se autorice a súa consulta.

d) Copia do libro de familia da persoa solicitante no caso de queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade e non se autorice a súa consulta.

e) Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta ou se o dito certificado non constase en poder da Xunta de Galicia.

En cada solicitude só se poderá relacionar un máximo de tres destinos por orde de prioridade.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. (7 de marzo).

VER A PUBLICACIÓN NO DOG

DESCARGAR PROGRAMA BALNEARIOS 2016

VER ANEXO IV

[/fusion_text][/fullwidth]