As Pontes, 10 de outubro| A Concellería de Cultura do Concello das Pontes pon en marcha, un ano maís, un programa de actividades especialmente deseñado para a comunidade escolar. As actividades son adaptadas ao alumnado e o seu obxectivo é achegar á escea a aula. Participarán cerca de 800 alumnos dende os 5 anos ata 2º de ESO .

  • DATA VENRES 14 de OUTUBRO – EMEDOUS
  • NIVEL EDUCATIVO 1º e 2º de ESO
  • ACTIVIDADE TEATRO POR DENTRO: get back
  • HORA E LUGAR Duas sesions 11.00 h. · e 12.15h DOPESO
  • DURACIÓN 50 minutos

NOTAS SOBRE A ACTIVIDADE: O venres 14 pola noite vaise representar a obra “get back” no auditorio municipal , aproveitamos a ocasión para convidar a parte do elenco para que acheguen aos escolares como é o proceso creativo dun espectáculo. A conversa estará guiada polo crítico teatral e realizador da idea orixinal Camilo Franco, Diego Ameixeiras escritor do texto, Mercedes Castro actríz e Federico Pérez actor. O guión da conversa responderá aos seguintes puntos :Como xorde a idea dunha obra, de onde se saca o diñeiro,planifícate , escribe, le, repasa … proceso continuo de ensaio.

  • DATA MÉRCORES 9 de Novembro TEATRO – TITERES
  • NIVEL EDUCATIVO 6 anos e 1º- 2º primaria
  • ACTIVIDADE BAOBAB TEATRO-LUPPO
  • HORA E LUGAR 12.00 h. · CINE ALOVI
  • DURACIÓN 50minutos

NOTAS SOBRE A ACTIVIDADE: PREMIO AO MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo 2015.CANDIDATO aos Premios Max 2016 na categoría de “Mellor Autoría Teatral” “Luppo” é un espectáculo que fala do ciclo da vida, do apego cara a ás persoas que nos rodean, en particular cara aos nosos maiores, e da importancia das historias que construímos ao longo da vida. Información sobre o espectáculo:actores/manipuladores comparten escenario cos personaxes, monicreques construídos integramente en cartón, ao igual que o resto da escenografía e atrezzo. + info:http://www.baobabteatro.com/gl/luppo

  • DATA Venres 18 NOVEMBRO- TEATRO- MÚSICA
  • NIVEL EDUCATIVO 3º4º5º6º primaria
  • ACTIVIDADE OS TRES TENEDORES “COCIDO EXPRES”
  • HORA E LUGAR 11.30 h. · AUDITORIO CINE ALOVI
  • DURACIÓN 50 minutos

NOTAS SOBRE A ACTIVIDADE: Urdime edicións ten publicado o libro CD Cocido sinfónico; pois ben Os tres Tenedores levan esta publicación á escea cunha proposta na que os seus piares son: a música e a cociña. Tres músicos e actores e contan aspectos básicos da cociña con moito humor. A historia de tres vagabundos que fan unha entrevista e entran a traballar nun restaurante é o fío conductor do argumento e das cancións ( con versións Rock, Por, Rap, Blues etc..) que exploran o mundo da gastronomía.

Ver anuncio: VER