As Pontes, 6 de marzo| Con motivo da Celebración da XXVIII Edición Carreira de San Xosé 2018 – III Corre por Elas se levarán a cabo unha serie de que se realizarán o vindeiro día  17 e 18 de Marzo.  A doazón de ingresos de inscrición será íntegra para a asociación VE LA LUZ, loita contra o maltrato infantil e da muller.

Nesta edición, acompañaranos Chema Martínez, apadriñando o evento, ademais de realizar distintas actividades ao longo do fin de semana, como son os Adestramentos con pequenos e maiores, así como unha charla dirixida á preparación do Maratón. 

Descargar programa: DESCARGAR

Programa de actividades

Sábado 17-03-18 __________________

12:00h ADESTRAMENTO – COLOQUIO PARA NENOS E PAIS CON CHEMA MARTÍNEZ

Nas inmediacións do polideportivo municipal e/ou na Carballeria de Dona Rita (Na Fraga)

farase un pequeno quencemento dirixido polo padriño da carreira CHEMA MARTÍNEZ.

Dirixido para nenos de entre 5-12 anos e os seus pais. Farse un quencemento “tipo” para unha carreira, adestramento, ou calquera práctica deportiva.

Ao rematar tanto os nenos como os pais asistentes poderán facer tódalas preguntas que consideren ó atleta Chema Martínez. Duración aproximada, ata as 13:30.

16:00 – 19:00h ENTREGA DE DORSAIS NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

Inscrición Solidaria: 3 € doados íntegramente á Asociación. (habilitarase unha urna para doacións solidarias para todo aquel que non participe na proba pero queira colaborar coa asociación VE LA LUZ contra o maltrato infantil e da muller)

17:30h ADESTRAMENTO CON ADULTOS E MAIORES DE 13 ANOS CON CHEMA MARTÍNEZ

Farase un quencemento básico con CHEMA MARTÍNEZ, dependendo da climatoloxía éste farase ou pola Senda do Lago ou na Carballeria de Dona Rita (Na Fraga). Duración aproximada de todo o quencemento, 60 min.

19:00h CHARLA-COLOQUIO CON CHEMA MARTÍNEZ

Lugar:Bar Lar (Pizzceria Y Tapas, no Poblado das Veigas, 15320 Puentes de García Rodríguez)

Farase unha charla dirixida principalmente a atletas populares, preparación de distintas probas, preparación de unha maratón…

Posteriormente á charla, os asistentes poderán interactuar con preguntas hacia Chema Martínez, e así dispoñer da súa experiencia para solventar tódalas dudas que podan xurdir de preparación, competición, recuperación…

Domingo 18-03-18 ________________

11:00 XXVIII CARREIRA SAN XOSÉ – III CORRE POR ELAS

Circuíto da Fraga (xunto ao Local do Polbo)

INSCRICIÓN: Poderase facer a inscrición ata o día 15 de Marzo, ata ás 23:59. (non se aceptará ningunha inscrición fora de prazo)

Regulamento completo en WWW.CHAMPIONCHIPNORTE.COM

*Recollida de dorsais, o mesmo día da proba ata media hora antes do comezo de cada proba

CARREIRA:

  •  PITUFOS (2014-18) RECTA DE META 50 m.
  • PREBENXAMÍN (2011-13) RECTA DE 150 m.
  • BENXAMÍN (2009-10) 550 m. 1 volta Circuíto B
  • ALEVÍN (2007-08) 900 m. 1 volta Circuíto A +B
  • INFANTIL (2005-06) 1450 m. 1 volta Circuíto A + 2 B
  • CADETE (2003-04) 1800 m. 3 voltas Circuíto B
  • XUVENIL nados nos anos 99-02. (aprox. 6100 m)
  • SÉNIOR nados entre o ano 1998 ata veterán. (aprox. 6100 m)
  • VETERÁN 50 anos cumpridos o día da proba. (aprox. 6100 m)

ANDAINA:

Non haberá clasificación, poderá participar calquer persoa inscrita previamente, independientemente da idade.

Inscrición Solidaria: 3 € doados íntegramente á Asociación VE LA LUZ.

Habilitaranse uns DORSAIS SOLIDARIOS, para todos aqueles que non teñan a oportunidade de poder estar con nós o día 18 de Marzo, podendo colaborar coa Asociación, inscribíndose na páxina de Championchipnorte: www.championchipnorte.com ou en Opticalia Callao As PONTES, ata o día 16 de Marzo (en horario de 10:00 a 13:30 e 16:30 a 20:00).