As Pontes, 8 de agosto| Mañá volverá o autobús que recolle as nosas doazóns á praza do Carme, completando así a dobre xornada.

Anque á nosa localidade as visitas repítense con periodicidade mensual, este mes veranego por excelencia, ten máis relevancia se cabe. De feito, cada ano, o Concello de As Pontes e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) que sempre impulsan conxuntamente a participación nas campañas de doazón de sangue, escollen esta data para reforzar o chamamento.

Búscase garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.

E é que o verán é a época de maior dificultade para a doazón de sangue. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade dos veciños e veciñas e, por iso, o Concello distribuía unha carta informativa coa que pretendeu chegar a aqueles que non adoitan participar destas iniciativas regularmente. 

Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil de ADOS, antes de levar a cabo a doazón de sangue.

Desta vez hoxe e mañá, o autobús da Unidade móbil de doazón de sangue está estacionado na Praza do Carme entre as dez e as dúas e media pola mañá e entre as catro e as nove pola tarde.

Debemos constatar que a nosa vila acadou en 2016 unha taxa de 78 doazóns por cada 1.000 habitantes e o obxectivo é seguir mantendo as cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes).

Dende Concello e a Axencia galega de doazón quíxose transmitir un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Esta campaña especial de doazon de sangue no verán tense convertido xa nun clásico no noso municipio, conscentes dende o goberno local, que as épocas de maior dificultade para acadar as doazóns que precisan os enfermos coinciden co verán. Así en agosto incrementa a súa xa habitual colaboura co ADOS para impulsar iniciativas coas que sensibilizar da importancia deste acto solidario e tratar de garantir unha participación axeitada para cubrir as necesidades dos hospitais.

Neste verán os enfermos non toman vacacións e moitas persoas dependen da nosa solidariedade para recuperar a saúde.