PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS

318

As Pontes, 9 de abril de 2019.  Xa está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos (Orde do 20 de marzo de 2019. DOG núm. 65, do 3 de abril de 2019).

Poden beneficiarse destas achegas as persoas con fillos ou fillas menores de tres anos, nacidos entre o 2/1/2016 e o 31/12/2018, inclusive.

A contía da prestación irá en función do número de orde que ocupa o fillo para o que se solicita a axuda, na unidade familiar: Si é o 1º fillo – 360 €, si é o 2º fillo – 1200 € e Si é o 3º fillo ou sucesivos, 2400 €

Para solicitar esta prestación o único requisito é vivir en Galicia e que ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar, teña presentada a declaración da renda do exercicio 2017.

O prazo para presentar as solicitudes remata o o 28 de maio de 2019 (incluído).

Mais información: Departamento de Servizos Sociais.  Calle Rosalía de Castro, nº 28 – 2ª Planta. Teléfono: 981 441 008