Presentación do libro Aldea Viva

20

As Pontes, 15 de xuño| O poeta do Courel, Vicente Reboleiro visitará hoxe, xoves 15 de xuño, a nosa vila para darnos a coñecer o seu último traballo literario: Aldea Viva. Unha colección de poemas adicados a Galicia e as súas paraxes e que tamén é unha homenaxe ao gran Uxío Novoneyra.

Versos adicados ao seu pobo natal, Ferramulín, ás súas xentes, o seu entorno e a esa Galicia do rural integran este traballo que vía a luz o pasado ano, e que teremos a oportunidade de coñecer na tarde deste mesmo xoves, nun acto que terá lugar na Casa Dopeso, ás 8 do serán, e no que poderán participar todos os veciños e veciñas que así o desexen.