[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume | A tenente de alcalde, Montserrat García, achegábase onte ata As Campeiras para presentar o proxecto da escola de reciclaxe que se está poñer en marcha na antiga escola unitaria das Campeiras.

Diante dos veciños e veciñas do barrio, presentou ós representantes da empresa Deloga, que se encargaron de explicar en que vai consistir este proxecto pioneiro. 

Os traballos para a dotación do inmoble recuperado vai enfocado a dous obxectivos principais, fomentar o interese pola reciclaxe, a traverso da formación e a información, e fomentar tamén o aforro no tratamento dos residuos sólidos do municipio.

A acollida foi moi boa por parte da AAVV, que anunciou a súa disposición a sumarse ó ente que xestione esta escola. 

En canto os veciños de xeito individual, demandóuselles que colaboren aportando material ou calquera tipo de recordo que podan ter da escola co seu vello uso de centro escolar unitario.

Por parte do Concello quíxose salientar que esta iniciativa debe servir para a mellora na educación ambiental de nen@s e maiores, pero tamén para contribuir decisivamente á mellor disposición da cidadanía para unha reciclaxe que poda evitar o excesivo gasto que se debe facer por unha mala práctica. Actualmente o Concello debe abonar anualmente case 337.000 euros ó ano a Sogama por recollida e transporte na xestión de impropios.[/fusion_text][imageframe lightbox=”no” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]