[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| A asociación Euroeume presentou o pasado luns a marca Productos do Eume, que esta asociación promove en colaboura coa Deputación da Coruña e coa tamén participará o Instituto Eumés Fraga do Eume.

O acto, que tivo lugar en Pontedeume tamén incluíu a sinatura do convenio de colaboura entre Euroeume e o Centro Educativo Eumés, e que inclue iniciativas formativas coa fin de dar a coñecer productos da zona a restauradores, tanto profesionais coma aqueles que están en proceso de formación e que, deste xeito, aposten polos productos da comarca. Así o explicaba o xerente de Euroeume, Miguel Teixido.

Teixido tamén anunciou que se fomentará a investigación en torno aos produtos da zona, coa fin de dar a coñecer as súas características e elementos diferenciadores.

Nun principio esta marca de Producto do Eume vaise aplicar tan só ao mel e á carne da comarca, que contarán cun logotipo específico, aínda que a intención é que, a medida que se avance neste proxecto, moitos máis productores da zona se sumen esta iniciativa, ligando esta marca de Producto do Eume non só ás comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, senón tamén a concellos limítrofes coma Betanzos ou algún municipio colindante da provincia de Lugo.

O acto contou tamén coa presenza dos rexedores dos concellos de Pontedeume, A Capela, Vilarmaior e Cabanas, ademáis do presidente de Euroeume, José Castro, e rematou, como non podía ser doutro xeito cunha degustación de productos da zona e dos alumnos do instituto Fraga do Eume.

[/fusion_text][/fullwidth]