As Pontes, 24 de outubro|O domingo día 30 de outubro en xornada de mañá e tarde, organizado pola Federación Galega de Karate, terá lugar no pavillón polideportivo municipal das Pontes, a preselección da Selección Galega de Karate que representará a Galicia no Campionato de España Cadete, Junior e sub-21, que se celebrará os próximos días 26 e 27 de novembro en Tenerife.