Preparación do CODIX na aula CeMIT de As Pontes

91

As Pontes, 5 de setembro| O día 11 de setembro a aula ceMIT do concello de As Pontes, situada no soto da casa Dopeso, comezará un curso para a preparación para as probas libres de obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX).

CODIX ¿Qué é?

A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

Este curso está destinado a aquelas persoas que queiran preparar as probas libres que se van a celebrar no mes de novembro. Ten un horario de 10 a 12 da mañá do 11 ó 18 de setembro de luns a xoves.

A inscrición é totalmente gratuíta.

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT de As Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.