As Pontes, 12 de setembro| O Concello de As Pontes, mediante a Concellería de Hostalería e Comercio a través do Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), grazas á cooperación da Consellería de Economía, Emprego e Industria, impulsará un programa de actuacións co obxetivo de acadar o selo de Mercados Excelentes de Galicia.

Tal e como explicou a edil de comercio, a intención do executivo local pasa por potenciar, impulsar e incrementar a competitividade destas instalacións e tamén os servizos que nelas se ofrecen, aunando a calidade dos produtos frescos que podemos atopar nos diferentes postos do mercado municipal coas técnicas e servizos máis modernos da sociedade actual, dando lugar á revitalización dun dos piares básicos do comercio de proximidade das Pontes, como é o mercado.

Segundo Ana Pena, dende o pasado 2014 e ata o día de hoxe, dende o executivo local apostouse por unha evidente mellora estética deste edificio, co acondicionamento da fachada, e as remodelacións do primeiro andar e da pranta baixa ademáis da baixo cuberta, traballos cos que se deu lugar a un novo edificio máis moderno e accesible para a clientela e no que tamén se incluíron novos e mellorados servizos.

Por outra banda, tamén se está a traballar na creación dunha marca propia e, hai uns meses, vía a luz a nova páxina web que aglutina toda a información necesaria sobre estas instalacións, ao que se sumará, proximamente, un curso de marketing e promoción de produtos frescos para que os praceiros aprendan novas técnicas de venda e conten con novas ferramentas que lles permitan incrementar a súa clientela.

Ana Pena tamén adiantou o importante papel que xogarán os propios praceiros xa que se buscará a súa implicación para acader este certificado que distingue a calidade e prestixio das prazas de abastos galegas a nivel de accesibilidade, instalacións, organización, xestión e atención ao cliente. Unha acreditación que, a xuízo da concelleira, redundará positivamente neste espazo comercial, co incremento de clientes e incluso, nun futuro, coa implantación de novos postos de vendas e que tamén será do máis positivo para a economía local.