[one_full last=”yes” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_position=”all” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][fusion_text]O Club Ciclista Terras do Eume das Pontes e o Club Ciclista Terra Cha de Vilalba que solicitaron de forma conxunta a sinalización vertical da estrada LU-861 que une ambas localidades consiguen o seu obxetivo de forma que esta deficiencia será amañada en breve.
Esta estrada é unha das máis usadas para a práctica do ciclismo desde a construción da autovía AG-64, concretamente entre os puntos quilométricos 4 e 28 en ambas as direccións. Cunhas condicións de trazado e de firme inmellorables, son moitos os ciclistas que a usan a diario, non só deportistas de ambolos clubs senón tamén usuarios particulares que mostran a súa inquietude día a día por tal problema.
Este problema de inseguridade viaria é o que fixeron público o Club Ciclista Terras do Eume e o Club Ciclista Terra Cha para solicitar ás autoridades competentes unha adecuada sinalización que lembre aos condutores que usan habitualmente a estrada LU-861 cómo actuar correctamente ante a presenza de ciclistas.[/fusion_text][/one_full]