As Pontes, 15 de xuño| As Pontes vaise beneficiar de once novas contratacións a traverso da concesión das subvencións da liña PEL- Pemes,  da Deputación de A Coruña, na que a nosa localidade é a máis beneficiada desta comarca.

Das 244 empresas beneficiadas coa concesión desta achega na provincia, As Pontes ten 11, anque tamén cabería sinalar que foi o Concello que máis solicitudes presentara.

O BOP publicaba onte a concesión destas axudas, que suporán que a Deputación financie o 75 % dos custes salariais das contratacións, incluíndo as cotas da Seguridade Social e por un prazo mínimo dun ano.

As empresas e emprendedores beneficiarios que figuran xa no listado oficial do BOP son: Grupo Matojoma, Transportes Tenjido, Xestoría coello, Alija Servizos e Contratas, Panadería Hermanos Díaz, Wololot Comunicaciones, Publicidade Dixital Galega, Fittermontaxes estruturais, Xalo Maira, Juan Antonio Carballo, e David Bouza.