As Pontes rinde homenaxe ás persoas e lugares desaparecidos pola actividade mineira.

535

As Pontes 13 de Xullo de 2017

proyección audiovisual que se vai proxectar este venres co motivo do pregón e do inicio das Festas do Carme e A Fraga 2017 vai dedicada a todas esas parroquias desaparecidas durante a actividade mineira. Foron o redor de 1.000 persoas  as que se viron obrigadas a deixar as súas casas e foron 60 os lugares os desaparecidos baixo o lago e a entulleira.

Lugares como: Illade, Palloza, Barosa, Portorroibo, A Empedrada, Espiñaredo, Outeiro, Tuiverde, O Ribeirón, A Picheira, Os Carboeiros, O Casal da Boa… son algúns dos que descansan baixo as augas. Almigonde de Espiñaredo, de Saa e de Seoane, Seixo, A Igrexa, Alvariños, Regoña, Pe do Monte, Castiñeira, Casa Nova, Campo do Chao, Sumeiro, Carballás, Higoso, Veiga, Cornas, Laurentín, Val, Meizoso ou Pazo xa forman parte da entulleira. Todo este traballo de investigación e de posta no mapa foi realizado por Soledad Souto.
Este maravilloso traballo audiovisual vai en homenaxe a todas esas persoas que cambiaron de vida e deixaron as suas propiedades para facilitar o desenrolo do noso pobo, e tamén para o recordo de todos eses lugares e parroquias que quedaron baixo o lago e baixo a entulleira.