As Pontes a 27 de Febreiro do 2017

A Concellería de Benestar Social e o Centro de Información á Muller do Concello das Pontes, dentro das actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, organiza a exposición Do Gris ao Violeta situada nos corredores da Casa Dopeso.

Esta exposición cedida polo Concello de Pontevedra ten coma obxectivos visibilizar a contribución das mulleres no tempo, a través dunha representación de mulleres pontevedresas, mulleres de diferentes ámbitos da sociedade e diferentes áreas como: compositoras, actrices, intérpretes, meigas e curandeiras, benefactoras, navegantes, ensinantes, fotógrafas, deportistas, sen olvidar os efectos da represión do 36 sobre elas.

A través dun paseo polo corredores da Casa Dopeso, desde a entrada ata o 2º andar, pódese facer unha viaxe pola vida destas mulleres, que de seguro non te vai manter impasible.

Para poder visitala so hai que achegarse á Casa Dopeso, no seu horario habitual de apertura, ata o 12 de marzo.”