[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| O Colexio de Aspanaes en As Pontes vai conmemorar mañá a data do Día internacional do autismo. Dado que a xornada cadra en sábado e non é lectivo decidíase adiantar a mañá unha actividade que vai levar ós alumnos e alumnas, e familias, co equipo docente, a trasladarse diante do Concello para facer unha flashmob e ler o manifesto da organización mundial do autismo que se centra no lema deste ano, “Inclusión, tolerancia e respecto”.

Na cita estarán tamén representantes do Goberno Local acompañando ós membros deste colexio que ofrece os seus servizos no Poboado de As Veigas.

O evento terá lugar ás 11:30h da mañá, coa flashmob prevista para as 11:45h.

A cor azul vai estar moi presente nesta conmemoración, que identifica esta data no 2016, fixándoo como un día azul.

Azuis van ser os globos que se solten como peche da xornada, na que tamén se pasará simbólicamente o testemuño do autismo e teremos unha intervención de Isabel Fornos, Concelleira de Asuntos Sociais.

Para pechar este acto poderanse sacar fotografías no photocall instalado ó efecto.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarara por unanimidade o 2 de abril como Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo coa mesma fin que hoxe perseguen convocatorias como a de As Pontes, para poñer de releve a necesidade de mellorar a calidade de vida dos nenos e adultos autistas de cara a que poidan ter unha vida plena e digna.[/fusion_text][/fullwidth]