RTVEume / Este sábado ás 12h vaise constituir a nova corporación municipal e elixir un novo alcalde, anque no caso do noso municipio non haberá solpresas e por terceira lexislatura consecutiva a cadeira de alcalde ocuparaa Valentín González.

O pleno vai ser aberto ó´público e é de agradar unha importante presenza de familiares e amigos dos novos concelleiros nunha investidura na que comezará coa invitación da secretaria municipal ós concelleiros de máis e menos idade para presidir a mesa constitutiva.

Trala comprobación das credenciais cada concelleiro e concelleira deberán xurar os seus cargos e xa se poderá proceder á elección do alcalde.

Proclamaranse as candidaturas presentes e darase paso á votación para, tralo escrutínio designar ó alcalde que o será os vindeiros catro anos.

O bastón de mando recaerá nas mans do socialista Valentín González Formoso, que contará con maioría absoluta, con 11 concelleiros, por 3 do BNg, 2 de Xuntos por As Pontes, e 1 do PP.

O pleno co que arranca a lexislatura 2.015 – 2019 comzará ás 12 da mañá do sábado.