As Pontes 12 de xuño do 2017.
Dende esta tarde quedou pechada ó tráfico a Rúa Alexandre Bóveda.
As obras de mellora que se farán nesta vía supuxeron xa o traslado do servizo de taxis á Avda de Galicia, onde quedará definitivamente ubicada.
En canto á circulación alternativa á zona afectada, dende o Concello habilitouse o trafico en senso inverso na Avda de A Coruña, en aras de facilitar o tránsito de vehículos nesta zona.
Dende o Concello anunciouse que se dará toda a premura factible a esta actuación vial para evitar as molestias á veciñanza na medida do posible.