As Pontes, 24 de agosto| As Pontes convertíase onte en escenario da Volta Ciclista a España. Unha gran afluencia de xente gozou das diferentes casetas do Parque Volta, que estivo situado no parque municipal durante toda a tarde. O público puido presenciar en directo, grazas a unha pantalla xigante colocada na praza do Concello, a chegada á meta en San Andrés de Teixido desta cuarta etapa.