As Pontes, 6 de xuño| Vinte participantes do clube Relendo a Vida e do Obradoiro de Memoria participaron, esta mañá, nunha saída cultural a Santiago de Compostela, organizada polas Concellerías de Benestar Social e Cultura, como peche destas actividades no curso 2017-2018. 

As nosas veciñas, acompañadas pola bibliotecaria municipal e a directora do CIM, visitaron o centro histórico da cidade e o Museo do Pobo Galego, tendo a sorte de contar cun guía de excepción, Fuco Sangiao, secretario do centro.