Participación como paxe na Cabalgata de Reis 2018

442

As Pontes, 18 de decembro| Estimado veciño/a:

Como todos os anos, teremos en poucos días a oportunidade de recibir na nosa vila aos Reis Magos, que se encargarán de deixar os agasallos a todos os nenos e nenas das Pontes. Pero, como sabedes, as súas Maxestades necesitan axuda para poder celebrar a Cabalgata na que percorren as rúas da vila.

Por este motivo, si es veciño das Pontes e cursas de 1º a 6º de primaria ambos incluídos, dende o Concello queremos convidarte a participar como paxe e acompañar aos Reis nas súas carrozas o próximo día 5 de xaneiro na tradicional Cabalgata, para o que podes apuntarte no Departamento de Cultura (no primeiro andar da Casa Dopeso, de luns a venres de 9 a 14:30h), dende o día 20 ata o 26 de decembro.

As prazas das carrozas son limitadas(45 [email protected]) e terán preferencia os [email protected] de menor idade. Os demais acompañarían ás carrozas camiñando a carón das mesmas.

Para máis información dirixirse ao Departamento de Cultura (981440344) [email protected]