As Pontes, 21 de novembro| Os veciños e veciñas de Saa recibían onte a visita da Concelleira de Participación cidadá e tenente de alcalde, Montserrat García, para interesarse polas demandas que quixeran trasladar ó Concello e comunicarlles as actuacións a emprender.

Cunha asistencia de ó redor de medio cento de persoas pedíaselle ó Concello que se actúe sobre as beirarúas de cara a rebaixalas todas a un mesmo nivel, do que se tomaba boa nota para incluílo nun novo paquete de obras.

Tamén se lles comunicaba o inminente aglomerado no vial que vai de Maciñeira, onde está a ponte, ata a Fraga dos cregos, e tamén se incluirá un treito en dirección a Porto do liño.

Unha obra que se inclúe xa nun plan de mellora de camiños programado dende o Departamento de obras.

Tamén se plantexaba a necesidade de acometer o asfaltado do vial ó lugar de Penapurreira, que se estudará por parte do goberno local, logo desta demanda para poder metelo no vindeiro POS.