RTVEume | O Concello de As Pontes ven de reclamar á Xerencia da área sanitaria de Ferrol, que se cubran as vacantes no centro de saúde.

En pleno proceso de traslados da Consellería, ata tres facultativos que exercían no centro de saúde cambian de destino, e as súas vacantes aínda non foron cubertas.

Isto está a provocar unha merma no servizo, que supón que haxa retrasos importantes nas citas, grandes esperas pola atención, e pacientes derivados a médicos que non son os seus.

Dende a Concellería de Servizos Sociais, que preside José Alén, reclamouse unha inmediata reposición dos médicos trasladados e a resposta foi a intención de facelo se ben apelan a que están en prazo ó contar cun mes para que os traslados sexan efectivos.

Dende o Concello insístese en que se atenda á dotación en medios e persoal do noso centro médico, e mesmo, ademais de repoñer os médicos que causan baixa, recuperar os servizos que seguen pendentes como o de xenecoloxía ou pediatría.

Non se descarta ningún tipo de medida para a esixencia dunha sanidade pública de calidade na vila.