As Pontes, 14 de xullo| O primeiro curso musical Vila de As Pontes está a ser todo un éxito, tanto na parte formativa, coma no aspecto máis lúdico do mesmo e é que, durante estes días, non só os alumnos do curso se están a sumar aos diferentes concertos organizados dende a dirección deste master musical, senón que tamén son moitos os veciños que desfrutan en diferentes emprazamentos do casco urbano dos variopintos concertos organizados nestes días.

Onte tocaba trasladarse ata a Rúa Ramón Cabanillas, onde tivemos a oportunidade de desfrutar de varios dos mestres que están a impartir estas clases e dun repertorio do máis coñecido.

Así, Juan Bautista Bernat Alcayde, Miguel Cabarcos, José Luis Asorey, Xosé Franqueiro e David Manuel Rodríguez uniron o seu saber coa tuba, o trombón ou a trompeta para dar vida a un recital.

Xa esta tarde (19.00 horas), no auditorio municipal Alovi terá lugar o concerto de clausura deste curso musical. Ata alí se desprazaránn alumnos e mestres para dar vida a un fermoso concerto de fin de curso e para despedir, ata o vindeiro verán, esta experiencia pioneira pero que sen dúbida algunha cumpriu con todas as expectativas.