[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][imageframe lightbox=”no” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][fusion_text]RTVEume | Hoxe xa teremos os nomes dos seis afortunados que, este mesmo xoves, recollerán un premio de 200 euros a gastar nos locais comerciais e hostaleiros da nosa vila. E é que, trala entrega das 33 urnas correspondentes aos outros tantos bares e mesóns participantes no certame de tapas Saborea As Pontes, hoxe mércores tocará abrir cada unha delas para escoller as seis papeletas gañadoras dos 1.200 euros en cheques agasallo cos que se premiará a labor do xurado popular, neste caso dos veciños e veciñas que, durante os dez días de concurso emitiron o seu voto polo pincho que máis lles gustou.

A propia secretaria do Concello, Marina Núñez, xunto cos membros do xurado e tamén técnicos do Instituto Pontés de Promoción Económica, presidirán este sorteo que terá lugar na sala de concelleiros da Casa Consistorial e que seguirá o guión de anos anteriores, coas nosas cámaras como testemuñas.

Como é habitual, extraeránse 6 papeletas que deberán estar cubertas por 8 selos doutros tantos locais participantes neste sétimo Saborea As Pontes. Outro dos requisitos é que os datos do cliente sexan lexibles para así poder identificalo e contactar co mesmo, e de non ser así, escollerase unha nova papeleta.

No tocante aos premios, extraeranse tres boletos que recibirán 200 euros cada un para gastar nos diferentes comercios da nosa vila e outros tantos boletos, tamén de 200 euros, a gastar nos 33 locais hostaleiros que tomaron parte neste saborea as pontes 2015.

Por suposto, tamén se extraerán seis papeletas reserva de darse o caso de non poder contactar nas horas posteriores cos propietarios dos boletos titulares.

Unha vez rematado o sorteo, procederase ao reconto de papeletas do que sairá o nome do bar ou cafetería gañadora do premio do público, ademáis da valoración individual dos propios membros do xurado que tamén escollerán  o nome do pincho que se levará o premio á mellor tapa pontesa 2015.

Non será ata o xoves, ás 6 da tarde, cando se den a coñecer estes dous galardóns, nun acto que terá lugar no primeiro andar do Mercado Municipal e que estará presidido pola concelleira do ramo, Ana Pena, ademáis de integrantes da Asociación de Empresarios e Comerciantes, IPPEC e do propio xurado deste concurso que, un ano máis, logrou o seu principal obxectivo: impulsar o importante tecido hostaleiro que temos na nosa vila e facer que veciños e visitantes nos animemos a desfrutar de todo o que os mesóns, bares, cafeterías e restaurantes da nosa vila nos teñen que ofrecer.

[/fusion_text][/fullwidth]