O Concello de As Pontes amósase moi satisfeito do início das obras que afronta a central térmica

210

As Pontes, 11 de decembro| O Concello de As Pontes amósase moi satisfeito do início das obras de transformación, as maiores da súas historia, que afronta a central térmica de Endesa na localidade.

Logo de que dende o goberno local se atendese á demanda de axilizar os trámites para que estas obras fosen inminentes, e así se garantise o mantemento desta factoría para outros 25 anos.

Os traballos que xa principiaron van dirixidos a cumprir, superando mesmo as esixencias demandadas, as normativas que fixa a Directiva Comunitaria de emisións.

O Concello , a licencia de obra precisa, para a construcción dunha pranta desulfuradora, e o resto de instalacións das que se vai dotar o complexo para rebaixar os niveis de contaminación e poder seguir así operando.

Endesa apostou por esta central, que o ano pasado xa acadou uns niveis de xeración que falan da súa importancia.

O balanzo positivo de Montserrat García, Tenente de Alcalde, deste proceso administrativo cadra co resultado dunha obras que xa principiaron esta semana, coa construcción da pranta desulfuradora, o traballo de máis envergadura, pero que se sumará ó trazado dunha nova estrada, e mesmo a construción dunha batería de ións de lítio de 20 megavatios.

Hai que salientar que a construcción da nova batería de ións de litio de 20 MW de potencia e 11,7 MWh de capacidade supuxo apostar pola maior batería instalada de España, unha aposta firme que celebramos, porque permite reducir os custos de mantemento dos principais compoñentes da central e deste xeito alongar a súa vida útil”.

Manifestaba Montserrat García, referíndose ó que é unha das probas máis fehacentes da aposta pola central pontesa. De feito, este novo sistema de almacenamento de enerxía que se conectará á rede auxiliar da central, dotará a esta pranta de maior flexibilidade ó mellorar a súa resposta diante das fluctuacións de carga no sistema de electricidade actual, moitas veces dependente da intermitencia producida polo aumento da penetración das renovables.

Este proxecto de adaptación confrima ó de As Pontes coma o principal complexo de xeneración de enerxía eléctrica de todo o estado, para o que non se dubidou en investir 217 millóns de euros, para uns traballos que ocuparán ata o 2.020.