Clausura do obradoiro Relendo a vida

53

Clausura do obradoiro Relendo a Vida. Durante este ano e a través de diferentes autores e temáticas creouse un espazo para a reflexión, para o debate, para a creación, que descansará durante o verán.

Textos do libro “Machismos: de micro nada”, do grupo Fiadeiras, grupo de traballo do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), serviron para seguir debatindo, reflexionando, concienciando a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero nas nosas vidas coa finalidade de acadar unha sociedade igualitaria.

O próximo martes 20 de xuño ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal “Enrique Rivera Rouco”, Tania Merelas, Natalia Domínguez e Noelia Darriba, integrantes de Fiadeiras estarán presentes na clausura para falarnos deste libro.